Programación

PROGRAMACIÓN
FUNDAMENTOS DO DESEÑO
2º DE BACHARELATO

3. BLOQUES DE CONTIDOS:
3.1. DESEÑO GRÁFICO.
- A composición. Estructuras formais básicas. Sintaxe visual dos elementos.
- A cor. Códigos e interacción.
- Logotipos. Métodos de elaboración.
- O deseño tipográfico.
- O deseño publicitario. O cartel. Métodos de elaboración.
- Análise de composicións en obras de arte e de deseño segundo  súas estructuras formais básicas.
- Análise dunha composición propia, mediante as diferentes alternativas das estructuras  básicas e posterior realización en cor, estudiando os distintos efectos do mesmo.
- Identificación en exemplos concretos  das familias tipográficas e xustificación  da utilización de cada unha delas nos distintos casos.
  - Realización dalgúns exemplos concretos de deseño gráfico, facendo  hincapié na utilización da cor e tipografía.
3.2. DESEÑO NO ESPACIO. OBXECTOS.
- Sistemas de representación. Realización da terceira dimensión na bidimensionalidade do plano.
- Deseño de obxetos. Métodos de elaboración.
- Expresividade dos materiais, valores visuais e táctiles.
- Representación de obxetos aplicando os sistemas pertinentes para a percepción do volume.
- Elaboración, por diversos métodos de deseño, dun obxeto tridimensional.
- Realización dalgunha maqueta e memoria do proceso.
3.3. DESEÑO DO ESPACIO HABITABLE:
- Espacios abertos e pechados. A cidade e o habitáculo.
- Realizacións dalgún deseño do interior  dos edificios, considerando a importancia das composicións volumétricas, iluminación e cor.
- Elaboración dun proxecto, xustificando as suas fases.
- Realización dalgunha maqueta do espacio habitable, considerando: luz, cor e funcionalidade.

4. COÑECEMENTOS MÍNIMOS:
* Coñecer as principais familias tipográficas e a súa  utilización.
* Analizar a capacidade  compositiva no  plano e empregar os elementos axeitadamente.
* Ser capaces de deseñar un elemento identificador para una proposta dada.
* Ser capaces  de analizar e sintetizar os elementos que compoñen un deseño.
* Deseñar  un obxeto que de unha resposta funcional a un problema proposto, establecendo o proceso como vínculo entre a idea e a materialización do produto, desarrollando as fases de búsqueda de información, maduración da idea, esbozos, selección de ferramentas, probas técnicas e de materiais, prototipos, realización do producto, si cabe, e valoración de resultados e procesos.
* Coñecer os sistemas de representación e aplicación práctica.
* Analizar manifestacións de deseño en espacios habitables, identificando aspectos ergonómicos, de utilización, de tratamento de materiais e de iluminación.
* Coñecer os principais representantes do deseño de mobiliario.
* Manifestar conductas de crítica razoada fronte as mensaxes publicitarias e o consumismo.
* Utilizar con propiedade a terminoloxía propia dos contidos da materia.

6.1. CRITERIOS DE AVALIACIÓN:
1. Recoñecer e describir as características fundamentais dos movementos históricos, correntes e escolas máis relevantes na historia do deseño relacionándoo coa natureza, a sociedade, a ideoloxía e a ética e valorando os novos retos a os que ha de enfrontarse o deseño actual.
2. Facer uso do método axeitado para o desenvolvemento proxectual do “obxecto de deseño”, ben sexa este gráfico, de produtos, ou de interiores.
3. Utilizar os elementos básicos da linguaxe visual para establecer diferentes relacións compositivas: orden, simetría, ritmo, dinamismo, contraste, composición modular e reticular, xerarquía e deconstrucción, e recoñecer posibles aplicacións de estas estruturas en obxectos concretos de deseño.
4. Realizar proxectos elementais de deseño gráfico no campo da identidade, da señalización, do envasado e embalaxe, da edición e da publicidade utilizando un proceso metodolóxico adecuado para o completo desarrollo dos mesmos.
5. Diferenciar e usar a tipografía segundo a súa forma e función (tipografía de edición e tipogra­fía creativa), recoñecendo as principais familias tipográficas e aplicando criterios básicos de espaciado, composición, estrutura e lexibilidade.
6. Analizar diferentes “obxectos de deseño” e determinar a súa idoneidade, realizando en cada caso un estudo da súa dimensión pragmática, simbólica, emocional e estética.
7. Recoñecer os principios básicos de antropometría e ergonomía co fin de aplicalos no deseño.
8. Realizar una proposta elemental de deseño industrial, co fin de deseñar un obxecto seguindo un proceso metodolóxico adecuado no seu plantexamento, representación e execución incorporando ás soluciones aspectos de responsabilidade cara as persoas e o medioambiente.
9. Realizar un proxecto elemental de espacio habitable, utilizando un proceso metodolóxico adecuado para o desarrollo do mesmo.
10. Mostrar autonomía e creatividade na búsqueda de solucións a problemas de deseño gráfico, de produtos e de interiores.

7. CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN:
A nota final de cada una das avaliacións, así como a final, obterase aplicando as seguintes porcentaxes: 30% conceptos, 70% procedementos.
Será imprescindible aprobar os dous apartados por separado para poder realizar a media. A nota de conceptos obterase das probas teórico-prácticas que se realizarán cada trimestre; O apartado de procedementos avaliarase en base a os traballos feitos en clase. Cada actividade será calificada de 1 a 10, descontándose 0,5 por cada día de retraso na entrega. Tanto nas probas escritas coma nos exercicios prácticos valorarase  ademáis da adecuación a proposta e a súa resolución, a presentación e a limpeza como aspectos estéticos importantes a desenvolver na materia.
Para a obtención da calificación positiva será necesaria a asistencia e a actividade continuada na aula. É imprescindible entregar todos os traballos nos prazos e condicións establecidos polo profesor.



No hay comentarios:

Publicar un comentario